Melloran o funcionamento dos grupos de WhatsApp

martes, 15 de maio do 2018 Marcus Fernández

Os grupos de WhatsApp son unha parte moi importante da experiencia de uso desta ferramenta de mensaxería instantánea, e para facelos máis accesibles e prácticos veñen de incorporar aos mesmos varias novidades nas versións de Android e iOS da aplicación como son a posibilidade e incorporar descricións aos grupos (de xeito que baixo o nome doe grupo pode detallarse a súa temática ou, por exemplo, as súas normas), máis controis de administrador (poderase restrinxir quen pode mudar o nome, a icona e a descrición do grupo), unha función de posta ao día (cando levemos un tempo sen entrar nun grupo, se prememos no botón @ na esquina inferior dereita da pantalla poderemos ver rapidamente as mensaxes nas que se nos mencionou ou respondeu), será posible realizar buscas de participantes na pantalla de información do grupo e os administradores por fin poderán eliminar permisos doutros participantes (e os creadores dos grupos non poderán ser eliminados dos mesmos).
Aparte destas novidades, tamén mellorouse a protección para evitar que un usuario sexa engadido repetidamente a un grupo do que saíu.

PUBLICIDADE