Melide estrea unha páxina web para informar sobre o seu Festival das Artes e as Letras

mércores, 2 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Presentación do FestivalO Concello de Melide celebrará durante todo o mes de xullo o I Festival das Artes e das Letras Melide 2008, que onte presentaron a alcaldesa, Socorro Cea, e a concelleira de Cultura, Conchi Castro. A celebración ofrecerá jazz, música de autor, flamenco, danza contemporánea, exposicións fotográficas, actividades didácticas para grandes e pequenos e obradoiros de artes plásticas, e para que sexa máis doado informarse sobre o amplo programa do Festival tamén conta coa páxina web artemelide.com, na que tamén se pode achegar información sobre o I Concurso de Artes Plásticas.

Web do Festival das Artes e das Letras Melide 2008

A concelleira de Cultura da vila destacou que «non é habitual que nunha vila coma Melide se programa un festival de tal elevado nivel, con propostas que habitualmente non saen dos círculos das grandes cidades, coma é o caso dos concertos de jazz, as actuacións de danza contemporánea e outras propostas que durante este mes de xullo imos poder vivir en Melide».
Os últimos días do Festival estarán dedicados á I Feira do libro do Camiño de Santiago (que se desenvolve entre os días 26 e 27 de xullo) que contará con casetas de libros e actividades relacionadas co eido literario entre as que destacariamos unha mesa redonda moderada polo blogueiro e director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.

PUBLICIDADE