Meg Whitman substitúe a Léo Apotheker á fronte de HP

xoves, 22 de setembro do 2011 Marcus Fernández

HP vén de anunciar o cesamento de Léo Apotheker como presidente e director xeral da compañía, pasando a ocupar os seus cargos Meg Whitman, que xa estivera á cabeza de eBay e está considerada como unha das peores políticas das historia por non conseguir converterse en gobernadora de California tras gastar uns 43 dólares por votante na súa campaña.
Dende a compañía esperan que Whitman contribúa a superar o duro momento que está a pasar HP (o seu valor bolsista caeu preto dun 50% e os 1.200 millóns de dólares que pagaron por Palm non tiveron retorno), aínda que parece que van continuar na liña trazada por Apotheker: deixar de lado a división de informática persoal e webOS para centrarse nos servizos a empresas.

PUBLICIDADE