MediaMarkt celebra até este martes o DÃa sen IVE
luns, 31 de xaneiro do 2011
A multinacional de electrónica de consumo MediaMarkt, que ten sedes en Vigo, A
Coruña e Lugo, vén de informar da posta en marcha dunha oferta que pode interesar a máis de un comprador
potencial de equipamento tecnolóxico-dixital. Trátase do DÃa sen IVE, unha campaña para os clientes que vai durar este luns
31 de xaneiro e o martes 1 de febreiro e que consiste no que se indica no seu
nome: a eliminación temporal da dita taxa. A oferta, que se pon en marcha por
cuarto ano consecutivo en tódalas tendas que a cadea ten espalladas por España,
vén a xuÃzo de MediaMarkt máis a conto ca nunca, e máis tendo en conta como
aperta a crise.
Deste xeito, informa, tódolos establecementos de España, incluÃndo o das
Illas Canarias, ofrecerán durante as dúas ditas xornadas un desconto
equivalente ao importe do IVE, aplicable a cada produto incluÃdo nas 50.000
referencias de marca (agás os libros, produtos de telefonÃa con operador e
servizos) que se poden atopar en cada unha das 55 tendas da cadea.