MásMóvil debuxa o perfil do usuario español de telefonía móbil

mércores, 10 de agosto do 2016 Marcus Fernández

O operador de telefonía móbil MásMóvil vén de publicar un informe sobre Tendencias de Consumo Móbil 2016, no que colleron os hábitos de consumo de máis de 90.000 clientes durante o primeiro semestre do ano para sacar como conclusión que os españois falan de media 91 minutos ao mes polo móbil, envías 7 mensaxes de texto e consumen 882 MB de datos, o que pode resultar un tanto sorprendente polo feito de que os últimos anos o consumo de voz estaba entre 70 e 80 minutos/mes, polo que o seu incremento pilla un tanto por sorpresa, xa que a tendencia actual parecía apuntar unicamente ao crecemento no consumo de datos.
No informe tamén se fai un balance por comunidades autónomas, na que a meirande parte se mantén no contorno da medida estatal, coa diferencia das illas no caso do consumo de datos (que supera os 1,3 GB ao mes) e o envío de mensaxes de texto (11 de media en Canarias e 9 en Baleares).
Outras comparacións que se realizan son por sexo (concluíndo que as mulleres falan un 11% máis que os homes polo móbil) e por idades (rexistrando que o consumo de datos máis alto rexístrase na franxa de entre os 15 e os 20 anos, cunha media de 1,343 MB ao mes).

PUBLICIDADE