MásMóvil compra Yoigo por 612 millóns de euros
martes, 21 de xuño do 2016
MásMóvil anunciou hoxe a adquisición do 100% das
accións de Xfera Móviles S.A. (Yoigo), o cuarto operadore de telefonÃa
móbil español con presenza estatal e rede de seu, por unha valoración da
compañÃa de 612 millóns de euros (incluÃndo débeda e préstamos a accionistas)
tras acadar un acordo cos seus actuais accionistas. A operación permite a
MásMóvil fornecer a súa posición como cuarto operador converxente de
telecomunicacións en España, dispor de infraestrutura propia de telefonÃa móbil
e fixa e beneficiarse das sinerxÃas que supón a operación (confÃan nun aforro
de custos de máis de 60 millóns de euros durante 2019, para o que precisarán
asumir un custo de integración de até 50 millóns de euros en 3 anos).
A compra de Yoigo financiarase mediante unha combinación de débeda e capital 60/40
respectivamente, estando a operación suxeita á aprobación da Comisión Nacional
do Mercado e a Competencia, confiándose en que poida completarse antes de
rematar o ano.
Esta operación chega tras a compra
de Pepephone, operacións que levan a MásMóvil a sumar preto de 4,3 millóns
de clientes, dos que 4,2 millóns serÃan de móbil e uns 70.000 de banda larga
fixa. MásMóvil sitúase asà nunha posición de mercado que permitiralle competir
mellor no actual contorno do mercado das telecomunicacións en España, onde
imperan as ofertas converxentes.