Marvel continúa a adaptar os seus comics ao actual contorno dixital

luns, 12 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O número 1 de Avengers vs X-Men estreará o formato Marvel Infinite Comics

Dende a editorial Marvel parecen decididos a revolucionar o mundo dos comics, e tras anunciar que van incluír códigos de descarga nas súas edicións en papel, agora anuncian 2 novas pezas do que dan en chamar Marvel ReEvolution: o formato Marvel Infinite Comics e a aplicación de realidade aumentada Marvel AR. Deste volta haberá que agardar moi pouco para ver estes novos conceptos en acción, pois chegarán no número 1 de Avengers vs X-Men que chegará ás tendas norteamericanas o 4 de abril (historia moi agardada por enfrontar ás dúas principais formación de superheroes da Marvel).
Estas liñas deixan claro que en Marvel ven “os produtos impreso e dixital coma complementarios, non competitivos”, como asegurou a pasada fin de semana Dan Buckley, máximo responsable da editora, quen engadiu que están a traballar na creación de contidos dixitais que enriquezan as súas edicións impresas.

Marvel tamén apostará pola realidade aumentada como canle de innovación

O formato Marvel Infinite Comics permitirá a usuarios de smartphones e tablets o acceso a unha nova fórmula narrativa, que estará dispoñible dende a aplicación móbil da Marvel (de balde para que merque os comics en papel); mentres que cona aplicación para iOS e Android chamara Marvel AR poderase escanear un logotipo especial nos produtos da Marvel para ver como na pantalla do noso dispositivo móbil aparece integrado na imaxe que capta a cámara unha figura dos superheroes máis coñecidos que cobra vida ou tamén contidos exclusivos que distribuiranse de balde a través desta canle.


Presentación en vivo do uso que Marvel fará da realidade aumentada

PUBLICIDADE