Mark Zuckerberg formará parte do museo de cera de San Francisco

xoves, 24 de abril do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro 26 de xuño San Francisco vai estrear un museo de cera de Madame Tussaud, onde poderanse ver a recreacións de estrelas do deporte (Tiger Woods, Serena Williams, Muhammad Ali), do cine (Alfred Hitchcock, Whoopi Goldberg, Steven Spielberg, Marilyn Monroe, Audrey Hepburn, ET, Anne Hathaway, George Clooney, Jennifer Aniston, Leonardo Di Caprio, Kate Whislet, Johnny Depp) e da música (Adele, Beyoncé, Michael Jackson, Lady Gaga, Madonna, Rihanna), xunto a figuras históricas (Dalai Lama, Martin Luther King, George Washington, Rosa Parks) aos que sumaranse outras imaxes moi representativas, como Barack Obama e Steve Jobs, aos que veñen de confirmar que se unirá Mark Zuckerberg.

Kurt Wagner, o reporteiro que deu conta da nova figura de cera en Mashable, posando co Zuckerberg de cera

Non é a primeira vez que os museos de cera de Madame Tussauds recrean a imaxes de iconas da industria tecnolóxica, pois aparte de Steve Jobs tamén tiñan figura de Bill Gates. No caso de Zuckerberg, estamos ante unha estatua que amosa ao fundador de Facebook descalzo, sentado coas pernas cruzadas cun portátil sobre as mesmas. Para esta recreación tiveron que traballar 20 artistas durante 3-4 meses, destacando por contar con pelo auténtico (que implantouse a man durante un par de semanas). Para reflectir a imaxe do fundador de Facebook os artistas tiveron que basearse en fotografías, xa que Zuckerberg non estivo dispoñible para posar para eles.

PUBLICIDADE