Mariano Rajoy estrea perfil en Facebook

xoves, 29 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Perfil de Mariano Rajoy en Facebook

Tralo lanzamento da campaña do PSOE na Internet dende o Partido Popular non queren quedar atrás e o candidato Mariano Rajoy xa ten un perfil en Facebook, que durante esta mañá xa contaba coa adhesión de 959 amigos, de xeito que comeza a superar o grupo Zapatero 2008 que neste momento ten 704 membros no popular servizo social norteamericano, que aínda non é moi coñecido nin usado en España (coma tamén acontece con MySpace).
A entrada de Rajoy en Facebook pretendería proporcionar ós cidadáns máis posibilidade de participación na política, así como achegarse un pouco á persoa do candidato popular (pois dende este espazo virtual expón os seus gustos e afeccións), aínda que dá a impresión de que os pasos dos políticos neste tipo de páxinas web corresponden máis a un xeito de axitación,

Grupo en Facebook crítico co candidato popular

que xa comeza a ter contrapartidas críticas, pois un grupo composto por 161 usuarios de Facebook xa insta a Rajoy a que non faga campaña nesta rede social dun xeito satírico (presentando un retoque fotográfico co político disfrazado de leather).

PUBLICIDADE