Marca prepara unha nova revista sobre videoxogos

martes, 5 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Páxina web da futura revista de videoxogos

Unidad Editorial está a preparar o primeiro número de Marca Player, o que será unha nova publicación especializada en videoxogos que chegará en outubro aos quioscos españois, e que leva un tempo quecendo motores na súa propia web informando brevemente sobre as últimas novidades do sector dos videoxogos.
A nova revista procurará atender tanto o público hardcore coma o casual, o que é unha combinación difícil de acadar, xa que na actualidade as publicacións especializadas se dirixen aos xogadores máis experimentados, deixando o público ocasional para outro tipo de publicacións.
Podería sorprender que aparecesen nos quioscos máis publicacións sobre videoxogos, pois xa hai moita variedade sobre o tema, pero o incremento do volume de vendas do sector, que xa supera ao cine e ao DVD xuntos, podería xustificar esta aposta dos responsables do diario Marca.

PUBLICIDADE