Manuel Varela deixa a dirección de GAIN

venres, 8 de xullo do 2016 Redacción

Manuel Varela Rey presentando a segunda edición de Conecta PEME /Imaxe de Conchi PazManuel Varela Rey, vén de presentar a súa dimisión como director da Axencia Galega de Innnovación (GAIN), cargo que ocupa desde xaneiro de 2013. O Goberno galego aceptou onte a decisión de Varela Rey, que esgrimiu como principal razón da mesma a imposibilidade de seguir exercendo os labores do cargo, de aquí en adiante, debido un cambio de residencia permanente fóra de Galicia. Mentres non se nomea un novo director de GAIN, as competencias da axencia serán asumidas polo titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea.
Como lembraremos, Varela Rey asumiu en 2013 a dirección da Axencia e, ao longo deste tempo, despregou esforzos para poñela en valor e establecer pontes firmes entre centros tecnolóxicos e de investigación, industria, entidades públicas e sociedade. Impulsou o desenvolvemento da Estratexia Estatal de Innovación para Galicia e máis a cooperación en I+D e a transferencia mediante programas senlleiros como Innterconecta. Ou, tamén, Conecta PEME. Previamente ocupara a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, onde colaborou activamente en proxectos como Hospital 2050 e Innova Saúde.

PUBLICIDADE