Mañá preséntase o resultado de As TIC na Administración Local
martes, 3 de marzo do 2009
O Ministerio de Industria,
Turismo e Comercio vai presentar, mañá mércores 4 de marzo, os resultados
do informe As TIC na Administración Local,
nun acto que contará coa presenza do director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade
da Información, David Cierco, e do director xeral de Red.es, Sebastián Muriel.
A presentación tamén contará coa presenza do director xeral
para o Impulso da Administración Electrónica, Juan Miguel Márquez e do
secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP),
Gabriel Álvarez.
O acto terá lugar na Secretaría de Estado de Telecomunicacións
e para a Sociedade da Información, en Madrid.