Mañá comeza en Compostela a 49 edición do Congreso FITCE

martes, 31 de agosto do 2010 Raquel Noya

O Colexio Oficial maila Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) veñen de convidar a 500 enxeñeiros de telecomunicacións procedentes de toda Europa a que participen na 49 edición do Congreso FITCE, que terá lugar a partir de mañá, día 1 de setembro, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Esta cita, que se alongará ata o vindeiro sábado, 4 de setembro, ter por lema “O Camiño de Santiago e as Telecomunicacións Europeas”, que liga a tradición do Camiño coas máis modernas infraestruturas de telecomunicación no contexto europeo coincidindo co Xacobeo 2010.
O Príncipe Felipe preside o comité de honra do Simposio xunto ao presidente da Xunta Feijoo e o ministro Sebastián, entre outras destacadas autoridades.
A sesión inaugural, que terá lugar o xoves, 2 de setembro ás 9:30, no salón Obradoiro do devandito Pazo, estará presidida pola secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta, Mar Pereira.

PUBLICIDADE