Máis dun millón de persoas apoian o lanzamento do Firefox 3

martes, 10 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Mapamundi que amosa o número de inscritos para celebrar o lanzamento oficial do Firefox 3

A Fundación Mozilla está entusiasmada polo feito de que a súa campaña para promover a descarga do Firefox 3 o día do seu lanzamento superou o millón de adhesións, polo que o obxectivo de que o seu navegador sexa a aplicación informática máis descargada en 24 horas está máis preto de acadarse.
Os usuarios que se sumaron a esta campaña recibirán un aviso por correo electrónico cando se estree a versión definitiva do Firefox 3 (actualmente na súa segunda versión candidata), para que sexan os primeiro en instalar a nova aplicación, e destas persoas moitas optan por involucrarse na campaña publicando nas súas webs un botón promocional ou seguindo o fenómeno a través de varias redes sociais.

PUBLICIDADE