Máis dun milleiro de persoas participaron na iniciativa de “bolboretas virtuais” de Santiago
xoves, 7 de xaneiro do 2016
Máis dun milleiro de persoas participou na
iniciativa de “bolboretas virtuais” desenvolvida este Nadal
polo Concello de Santiago. A actividade, que
rematou este 6 de xaneiro e veu da man da Concellería de Igualdade e
Turismo, consistiu en convidar aos participantes a empregar o
móbil de seu para capturar as ditas “bolboretas virtuais”
botando mano, de xeito complementario, da aplicación de balde
iButterfly One. Con ela, os composteláns “puideron gozar
da maxia da realidade aumentada ao tempo que percorreron as rúas da
cidade”, informou o departamento responsábel da iniciativa.
En total, a comezos desta semana xa tiñan
descargada a ferramenta máis dun milleiro de persoas: unha edición
específica da aplicación para a campaña compostelá. Esta cifra,
sinalou o Concello, “confirmou o éxito da iniciativa”. Segundo
engadiu o Goberno local, entre o máis salientábel desta
participación atópase o perfil das persoas que concorreron: un
perfil que abrangueu un treito de idade “moi amplo”, dende nenos
a persoas maiores, que baixaron a aplicación o seu móbil co
obxectivo de “pillar” as bolboretas premiadas. Por certo que
estes insectos virtuais acubillaron máis dun cento de agasallos,
adquiridos polo Concello de Santiago no comercio local por un valor
de 2.500 euros.