Máis de cen persoas fan uso do servizo de localización Acompáñote
luns, 14 de decembro do 2009
Máis
de cen anciáns, menores ou persoas con discapacidade utilizan xa o servizo Acompáñote, un programa de
localización e control voluntario de persoas en situación de especial
vulnerabilidade.
A iniciativa, que
financia a ConsellerÃa de Traballo e Benestar e xestiona Cruz Vermella,
consiste en por a disposición dos coidadores familiares de persoas dependentes
ou fráxiles que residen nos seus propios domicilios un pequeno equipo que
integra un teléfono móbil con tecnoloxÃa GSM e un módulo de localización xeográfica
vÃa satélite (GPS) cun centro de control dende o que é posible recuperar a
posición exacta de calquera dos equipos. Desta maneira, este dispositivo
permite aos coidadores da persoa coñecer en todo momento onde se atopa o seu
familiar.
A plataforma tecnolóxica
pode incorporar, ademais, naqueles casos que as condicións persoais do usuario
asà o requiran, a utilización duns detectores de movemento, control de
temperatura ambiental e sensores de verticalidade, que teñen como función
transmitir avisos de inactividade ou caÃdas por diversas zonas da casa con fin
de poder detectar tamén posibles accidentes no ámbito doméstico.
O obxectivo principal do
programa é facilitar a saÃda do domicilio de persoas con circunstancias
persoais que aconsellen o seu control permanente ou que poidan sufrir episodios
de desorientación temporal e/ou espacial. Desta forma, increméntase a
mobilidade e seguridade destas persoas e se contribúe á tranquilidade das súas
familias e coidadores.
Os beneficiarios de Acompáñote poden ser todas aquelas
persoas maiores, menores ou con discapacidade que debido ás súas condicións de
saúde ou limitacións persoais se atopen nunha situación de especial fraxilidade
ou vulnerabilidade e teñan residencia efectiva en Galicia.
Para solicitar o servizo
que ofrece Traballo e Benestar basta con cubrir un impreso, presentar un
informe médico e unha fotocopia compulsada do DNI e da persoa que o represente
se procede e no caso de que o demandante sexa menor de idade unha fotocopia
compulsada do libro de familia.
A documentación
requirida pode presentarse nos propios servizos centrais da ConsellerÃa de
Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Dependencia e AutonomÃa Persoal (no
Servizo de Programas de Promoción da AutonomÃa Persoal en San Caetano), nos
servizos sociais comunitarios e nos centros sociocomunitarios e residencias de
persoas maiores e centros para persoas con discapacidade dependentes da Xunta.
O prazo de presentación
das solicitudes pódese desenvolver durante todo o ano. Unha vez concedido o
servizo, é Cruz Vermella o organismo que informa aos novos usuarios da data
prevista para a instalación do equipo. Asà mesmo, técnicos da entidade social
ensinan aos beneficiarios do programa a utilizar o dispositivo e as normas para
o seu mantemento.
Os usuarios, ou no seu
caso os titores, representantes legais ou gardadores de feito, contribúen ao
financiamento do servizo de localización.
O dispositivo localizador envÃa unha serie de alertas en tres casos diferentes:
cando o usuario sae da súa zona segura,
por exemplo no caso de que se afaste máis de 1.000 metros do seu domicilio,
cando asà se estableza previamente; cando a persoa que leva o localizador se
caia; e, por último, cando o usuario permanece sen moverse durante un tempo que
se considere oportuno, en función das súas circunstancias persoais.
Nestes circunstancias, o
centro de control ponse en contacto cun familiar para avisarlle do ocorrido.
Entón, lle indica o lugar onde está o usuario do localizador. Cando o familiar
desexa atopalo o único que debe facer é chamar ao centro de control do servizo
e axiña facilÃtaselle os datos necesarios para localizalo, podendo, ademais,
escoitar o que sucede ao seu arredor.