Máis cursos básicos de informática dende a Asociación de Empresarias da Coruña

venres, 20 de marzo do 2009 Fernando Sarasketa

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración coa Asociación de Empresarias da Coruña (AECO), está a presentar estes días a planificación de actividades para o mes de abril, no que se desenvolverán catro novos obradoiros de informática. Estes serán: Iniciación á Internet (do 6 ao 17 de abril e en horario de 10 a 11 horas), Iniciación á Informática (a desenvolver do 14 ao 30 de abril, de 16 a 17 horas), Iniciación ao procesador de textos OpenOffice Writer (do 14 ao 30 de abril, de 17.30 a 19 horas) e Crea o teu propio blog (do 20 ao 24 de abril, de 10 a 11 horas). Segundo fai saber a responsable do centro de acceso á Rede situado na Asociación de Empresarias da Coruña, o espazo tamén conta cun servizo de aula aberta para que tanto as socias como a poboación en xeral da cidade e da súa contorna poidan facer uso libre dos equipos informáticos así como dispoñer de conexión a Internet.
Para empregar este servizo é necesario reservar hora previamente. O horario do Centro de Dinamización é de luns a xoves de 9 a 14 e de 16 a 19 horas, e os venres de 9.30 a 15 horas.
Aquelas persoas interesadas en participar nos obradoiros, en acudir á aula aberta ou en ter máis información acerca deste Centro de Dinamización poden poñerse en contacto coa dinamizadora a través do teléfono da asociación, 981.297.870, ou a través do correo electrónico barbara.pontedeume@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

PUBLICIDADE