Máis axudas para incrementar o galego nos centros docentes co apoio das TIC

luns, 3 de febreiro do 2020 Redacción

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de informar dun incremento nas axudas para o fomento do galega no ensino, tanto para centros de titularidade privada como para centros de titularidade pública. Os incentivos, que aumentan en 50.000 euros, contemplan entre outras iniciativas a posta en marcha de posta en marcha de proxectos tecnolóxicos que redunden no espallamento e dinamización da nosa lingua. De feito, o compoñente TIC de cada contribución será tido en conta como criterio de valoración básico á hora de recibir os apoios correspondentes.
En total, Política Lingüística adicará 373.833 euros a apoiar iniciativas de normalización para o curso 2019/2020, postas en marcha polos equipos de dinamización da lingua galega do ensino preuniversitario, así como as contribucións do profesorado responsábel da promoción do galego naqueles centros que contan con menos de 6 unidades.
Segundo lembra o Goberno autonómico, estas e outras convocatorias previas están dispoñíbeis no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal) e na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes están abertos ata o día 2 de marzo de 2020.

PUBLICIDADE