Madrid acolle unha nova edición das Xornadas de Integración das TIC no ensino

martes, 25 de maio do 2010 Raquel Noya

O Centro Rexional da Innovación e Formación Las Acacias, en Madrid, vai acoller, durante os días 31 de maio e 1 e 2 de xuño, as Xornadas de Integración das TIC no ensino, dirixidas a centros de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Educación Especial e Formación Profesional.
Nestas Xornadas, os máis de 200 mestres e mestras asistentes comprobarán de primeira man a evolución dixital que experimentaron as aulas españolas nos últimos anos, así como a visión dos profesionais do sector no tocante ao ensino con medios interactivos.
A distribuidora oficial de Mimio en España, Atlantic Devices, tamén asistirá ao evento, onde dará a súa visión sobre a evolución do ensino con medios interactivos nos últimos anos e mostraralle ás persoas asistentes os recursos propios das solucións da marca.
Nestas xornadas, as persoas asistentes recibirán todo tipo de información sobre as novas solucións interactivas aplicables ao ámbito educativo, con atención persoalizada e demostracións in situ da eficacia educativa do devandito material.
Asemade, Atlantic Devices ofrecerá a posibilidade de dispor dun equipo Mimio para a súa avaliación no centro docente durante 30 días, coa oportunidade de beneficiarse do servizo de formación ao profesorado (mimio QuickLearn) e do acceso á comunidade de profesores en liña (mimio Connect).

PUBLICIDADE