MacHeist oferta un lote de aplicacións para OS X cun desconto de preto do 99%

xoves, 3 de abril do 2014 Marcus Fernández

Dende MacHeist recompilaron unha serie de aplicacións de escritorio recoñecidas polo seu deseño por parte de Apple, e ofrécenas cunha importante rebaixa, achegando o 10% dos ingresos á entidades benéficas, cunha fórmula semellante á The Humble Bundle, aínda que cun prezo fixo. O Apple Design Award Bundle de MacHeist pode así adquirirse por 19,99 dólares (14,49 euros) incorporando un lote de aplicacións valoradas nun total de 1.776 dólares (1.288 euros), incluíndo BoinxTV (aplicación para a produción de vídeo, ideal para o webcasting), MacJournal (para manter un diario dixital), Toon Boom Studio (para crear animacións de xeito doado), AccountEdge Pro (para xestionar as contas da empresa), iSale (ferramenta para facilitar a venda a través de eBay), Picturesque (aplicación para aplicar efectos ás nosas fotografías), Starry Night Pro (unha completa guía astronómica) e, de superarse os 10.000 lotes vendidos, incluirase tamén Xojo Desktop (solución para a creación de aplicacións de escritorio, web e móbil multi-plataforma).
Esta oferta estará só dispoñible ata o vindeiro día 8 de abril.

PUBLICIDADE