MRW permitirá o pagamento de reembolsos a través do móbil
mércores, 26 de febreiro do 2014
- A solución MYMOID amósase estes dÃas no MWC de Barcelona
A empresa de transporte urxente MRW está a amosar no Mobile
World Congress de Barcelona un novo servizo que cambiará o envÃo de mercadorÃas
grazas á solución
reembolso móbil de MYMOID, permitindo que as páxinas web de
comercio electrónico ofrezan aos seus usuarios todas as vantaxes de combinar o
envÃo con reembolso e o pagamento por móbil ao recibir o produto, o que supón
tamén unha mellora considerable para os comercios á hora de xestionar os seus
ingresos (evitando a administración e o tráfico de cartos en efectivo).
A mecánica deste servizo é sinxela: o usuario elixe como método de pagamento o reembolso móbil e descarga a aplicación
móbil do servizo (dispoñible para iOS e para
Android) para confirmar o pedido a través do teléfono; no momento da
entrega o repartidor enviará a orde de pagamento ao móbil do usuario e este só
terá que confirmalo dende o seu dispositivo.
Este novo servizo de pagamento a través do móbil permite vincular todos os
medios de pagamento dun usuario co seu smartphone, contando cunha grande
seguridade para que as compañÃas poidan detectar posibles fraudes precozmente.
Os datos que manexa a aplicación están cifrados, precisando dun contrasinal
para acceder á mesma e un PIN para autorizar cada un dos pagamentos.