MARCA e AS estrean aplicacións para Android

martes, 13 de abril do 2010 Marcus Fernández

A prensa deportiva española, concretamente os diarios AS e MARCA, non se limitan a achegarse ao seu público móbil dende terminais coma o iPhone, senón que agora tamén gozan de aplicacións de balde para terminais con Android, mellorando así a súa dispoñibilidade.
AS para Android pode descargarse do Android Market e permite acceder a todas as seccións do diario deportivo, cunha presentación da información optimizada para o móbil (sen utilizar o artificio doutas aplicacións que limítanse a cargar as páxinas web correspondentes) e coa posibilidade de compartir novas a través de Facebook ou correo electrónico.
No caso da aplicación de MARCA, podemos acceder tanto ás últimas novas, como a vídeos e marcadores actualizados (facilitando o seguimento en tempo real de todos os partidos). Tamén permite escoitar a programación de Radio MARCA.

A aplicación de MARCA permite seguir todos os partidos en tempo real

PUBLICIDADE