Lugo presenta un completo programa de obradoiros TIC para este Nadal

venres, 2 de decembro do 2016 Redacción

O Concello de Lugo presentou esta semana a nova programación de actividades formativas TIC que se vai desenvolver na recta final de ano, e no comezo de 2017, nas aulas CeMIT de María Balteira e O Castiñeiro. O programa de cursos E-Nadal foi dado a coñecer pola concelleira de Concello e de Cidadanía, Rosana Rielo. Segundo fixo saber, no espazo de formación María Balteria haberá un curso de utilización de smartphones do 12 ao 16 de decembro, de luns a venres de 12:00 a 14:00 horas, outro de redes sociais do 19 ao 30 de decembro, de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas, e de retoque fotográfico do 12 ao 28 de decembro, de luns a mércores de 16:30 a 18:30 horas.
En canto á aula do Castiñeiro, celebraranse un curso de iniciación á informática do 19 ao 30 de decembro, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas, e outro curso sobre mercar por Internet, do 12 ao 16 de decembro, de luns a venres de 10:00 a 12:00 horas. Segundo lembrou Rielo, todas as actividades son de de balde, e están dirixidas á toda a cidadanía por enteiro. Tamén recordou que a programación pode consultarse na web do Concello lugo.gal e para inscribirse é preciso chamar ao Servizo de Información Cidadá a través do teléfono 010 ou 982-297-350 para chamadas dende fóra de Lugo.
A edil fixo saber que “nestas aulas faranse máis cursos cunha programación específica ao longo do vindeiro ano e que, ademais, estas aulas están abertas ao seu uso por parte dos diferentes colectivos e asociacións da cidade”.

PUBLICIDADE