Linus Torvalds recibe o Premio Millennium de Tecnoloxía
xoves, 14 de xuño do 2012
- Linus Torvalds recibindo o galardón finlandés
A Academia da Tecnoloxía de Finlandia (TAF) entregou esta
semana o seu Premio Millennium de Tecnoloxía, que nesta
ocasión foi compartido por Linus Torvalds e Shinya Yamanaka. O propio
presidente da República de Finlandia, Sauli Niinistö foi o encargado de
presentar a cerimonia na que se fixo entrega deste galardón dotado cun total de
1,2 millóns de euros (que repartidos entre ambos gañadores da presente
edición).
Aínda que a figura do doutor xaponés Shinya Yamanaka sexa moi relevante (non
sería sorprendente que levase un Nobel polas súas investigacións sobre células
nai), neste espazo tócanos destacar a persoa de Linus Torvalds, que recibiu o
Premio por ter creado o núcleo de Linux, un sistema operativo de código aberto
que hoxe en día resulta fundamental para o funcionamento da Internet e de numerosos
dispositivos electrónicos, aínda que a importancia de Torvalds está máis no
impacto provocado pola súa creación, que contribuíu considerablemente ao
desenvolvemento de software de xeito compartido e á filosofía aberta que hoxe
impera na web. Tras recibir o Premio Torvalds declarou que “quero agradecer a toda a xente coa que traballei, que contribuíu a
facer o proxecto non só un éxito técnico, senón para facelo divertido e
interesante”.
- O doutor Yamanaka e Torvalds compartiron o Premio Millennium de Tecnoloxía deste ano