Liberan parte do código fonte dos Amazon Kindle

mércores, 17 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Amazon deu un curioso paso adiante para o seu lector de libros electrónicos, pois liberou parte do código fonte do software co que funcionan os seus Kindle (aínda que sen certos compoñentes que teñen licencias propietarias), o que podería servir para que outros fabricantes fixesen os seus propios dispositivos compatibles con Kindle.
Dende Amazon aínda non comentaron as intencións desta iniciativa, que podería responder a unha estratexia para ampliar mercados e soportes, aínda que tampouco sorprendería que buscasen que terceiros desenvolvesen novos usos para o Kindle.

PUBLICIDADE