Levantan as restricións a Xiaomi nos EE.UU.
mércores, 26 de maio do 2021
Hai un par de semanas Xiaomi deu conta da ratificación por
parte do Goberno dos EE.UU. do acatamento
da sentenza xudicial contra a incorporación da compañÃa chinesa nunha listaxe
negra do Departamento de Defensa dos EE.UU., considerándoa unha «empresa
militar da China Comunista», e agora publican
un anuncio para oficializar a situación, confirmando que se levantan
formalmente todas as restricións impostas contra Xiaomi, o que basicamente afectaba
ao feito de que os estadounidenses puidesen ter participacións na compañÃa
chinesa (o que poderÃa ter un serio impacto na súa cotización).
Dende Xiaomi insisten en que son unha empresa de produtos de consumo, que opera
con independencia e que continuará a ofrecer produtos a prezos honestos para mellorar
a vida da xente a través de tecnoloxÃa innovadora.
Cómpre lembrar que a diferenza entre Xiaomi e Huawei é moi importante, xa que o
núcleo do negocio de Huawei non é a venda de móbiles, senón da tecnoloxÃa de
telecomunicacións, de xeito que era o principal provedor de tecnoloxÃa 5G a
nivel mundial e, de feito, o veto que se lle está a impor está a ser un importante
atranco para a rápida popularización da 5G (tamén retrasada polo contexto
sanitario).