Leo Messi estréase oficialmente en Facebook

mércores, 6 de abril do 2011 Marcus Fernández

Cada estrela que sube ás redes sociais capta en pouco tempo moitas miradas, de xeito que nos últimos meses vimos como cantantes, presentadores de televisión, actores e deportistas, sumaron millóns de seguidores en Twitter en poucos días, pero hoxe o futbolista Leo Messi escribiu un novo capítulo desta historia ao abrir páxina oficial en Facebook, sumando 6,7 millóns de seguidores en apenas 7 horas, aínda que este crecemento desproporcionado podería ter menos mérito do que poidamos pensar nun primeiro momento, xa que nas últimas horas o crecemento de seareiros é moito máis modesto, o que parece apuntar ao feito de que Facebook permitise a fusión dos seareiros de varias páxinas non oficiais de Messi no novo espazo (o que acreditan distintos usuarios nos comentarios da nova publicada en Mashable). Esta opción non está dispoñible publicamente, pero si é posible contactando coa xente de Facebook.

PUBLICIDADE