Led Zeppelin dixitalizará os seus discos de estudo para vendelos como descargas

mércores, 17 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Algúns grupos musicais aínda están afastados do mundo das descargas legais de música, pero a cousa vai cambiando pouco a pouco, a unha das bandas máis carismáticas que vai saltar ó mercado dixital é Led Zeppelin, que vai dixitalizar os seus 8 álbums de estudo que se comercializarán primeiro como descargas para móbiles (en exclusiva para Verizon Wireless) e que posteriormente se poderá espallar á Internet e a servizos coma iTunes.
O grupo vai volver a xuntarse para un concerto-homenaxe en Londres o mes que vén, e o paso que están a dar vendendo música para soportes dixitais supón un xiro de 180º, xa que os representantes de Led Zeppelin manifestaran que non tiñan pensado entrar nesta canle de explotación, polo que en pouco tempo non haberá que acudir a redes P2P para descargar temas coma Stairway to Heaven ou D’yer Mak’er, senón que haberá xeitos legais de mercar tales temas a través da Rede.

PUBLICIDADE