Larissa Riquelme convértese na musa do Mundial tamén en Facebook

venres, 2 de xullo do 2010 Marcus Fernández

O Mundial de Fútbol está a vivirse con moita forza este ano na Internet, tanto nas plataformas audiovisuais que permite seguir os encontros deportivos como nas redes sociais, nos que vén a nacer unha estrela: Larissa Riquelme. A modelo paraguaia converteuse na musa do campionato futbolístico de Sudáfrica, pois esta seareira da súa selección nacional aparece sempre nos partidos do seu equipo e captando a atención de cámaras fotográficas e de televisión, o que tamén trasladouse a Facebook, onde a rapaza de 24 anos superou os 80.000 seguidores, especialmente tras prometer que «se Paraguai chega á semi-final ou á final, voume espir fronte a praza da Democracia e voulle amosar así o meu cariño a todo o pobo paraguaio», o que fixo que moitos españois vesen o seu corazón dividido entre apoiar o vindeiro sábado á selección española ou á de Paraguai, aínda que iso non sería moita novidade, pois o ano pasado xa aparecera espida nas páxinas da revista Maxim.

PUBLICIDADE