Lanzan o navegador Camino 2.0 beta 2

xoves, 5 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Camino, o navegador de código aberto baseado en Gecko e cunha interface de uso baseada en Cocoa (ou sexa, para Mac OS X), está a prepararse para o lanzamento da súa versión 2.0, polo que estreou a súa 2ª versión de proba, de xeito que podería plantarlle cara ao Safari 4 beta.
O navegador Camino fai uso do mesmo motor que o Firefox, pero está mellor integrado no Mac OS X pois respecta a súa interface de usuario, e coa súa nova versión de proba inclúe moitas melloras, que van dende un rendemento máis eficiente ata novas prestacións como arrastrar e soltar pestanas.
O sistema de xestión de favoritos e o de bloqueo de anuncios tamén melloraron substancialmente, polo que moitos usuarios poderían animarse a usar esta versión de proba, aínda que cómpre destacar que presenta certos problemas con algúns engadidos (entre os que está o Adobe Flash).

PUBLICIDADE