Lalín achega un obradoiro de emprego centrado en sistemas microinformáticos

martes, 20 de xullo do 2021 S. P.

Exterior da casa do concello de Lalín

O Concello de Lalín vai achegar estes meses de verán unha actividade formativa para fomentar a empregabilidade das mozas e mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos. Trátase do obradoiro de emprego LALínnova, que achega 16 prazas e que se divide en dous módulos de actividade: 8 prazas para a especialidade de sistemas microinformáticos (nivel 2) e outras oito para a especialidade de actividades físico-deportivas e recreativas.
O obradoiro terá doce meses de duración. Inclúe contrato de traballo de formación e aprendizaxe. Comeza o 12 de agosto.
Polo que se refire ao módulo da especialidade de sistemas imicroinformáticos, inclúe os seguintes bloques: unha introdución a estes sistemas e un bloque para capacitar aos asistentes na montaxe e reparación de sistemas microinformáticos (posta en marcha de equipos, instalación e configuración de programas e aplicacións, habilitación de redes de todo tipo, etc).

PUBLICIDADE