Lady Gaga convértese na raíña de Twitter

martes, 24 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Lady Gaga posando co grupo KISS nunha fotografía que publicou a través de Twitter o mesmo día no que colocouse no primeiro posto desta plataforma de microblogging

A cantante Lady Gaga propúxose converterse na raíña de Twitter, e grazas a facer un bo uso desta plataforma de microblogging conseguiu sumar máis usuarios que Britney Spears, Ashton Kutcher, Ellen DeGeneres e Barack Obama (que teñen cada un máis de 5 millóns de seguidores en Twitter) ata superar os 5,7 millóns se seguidores, aínda que cunha estreita vantaxe sobre Britney Spears, a considerada Raíña do Pop, que ven coma Lady Gaga comeza a facerlle sombra nos tempos que corren.
Ante este éxito persoal, Lady Gaga agradeceu aos seus seguidores o seu apoio nun vídeo subido a YouTube no que asegura amar Twitter e invita a asistir á súa xira musical, que chega nun momento na que a Tween Gaga é unha das famosas máis populares de toda a Internet (entre outras cousas, protagoniza o segundo vídeo máis visto na historia de YouTube).


Vídeo de agradecemento de Lady Gaga aos seus seguidores tras coroarse coma raíña de Twitter

PUBLICIDADE