LAIC adianta a súa vindeira edición cunha conversa sobre creatividade e humor viral na Rede
mércores, 5 de decembro do 2018
O Laboratorio Audiovisual de Innovación Creativa
(LAIC) da Coruña contará cunha nova edición que presentarase o vindeiro día 18 de
19:00 a 21:00 horas no auditorio da Domus, onde a xornalista especializada en
contidos dixitais, María Yáñez, conducirá unha conversa
sobre Que hai en Internet? entre Miguel
Ángel López González (especialmente coñecido pola súa actividade en Twitter
como El Hematocrítico, así como
pola súas produción literaria) e Felipe
G. Gil (director de contidos audiovisuais de ZEMOS98 e colaborador de
ElDiario.es). Achegaranse ás novas narrativas populares e ás súas
dinámicas.
A charla a tres bandas procurará ter un enfoque divertido e inspirador, ligado
cunha das liñas de traballo da nova edición do LAIC, de xeito que a sesión irá
máis aló da conversa e inclúe un encontro cos responsables do programa Coruña
Dixital, que explicarán as chaves da nova programación, de xeito que os
asistentes poderán coñecer de primeira man o que se vai facer e como poder participar
nesta iniciativa que desenvolverase nas vindeiras semanas.
A actividade será de balde, pero precisa de inscrición previa por
cuestións de organización.