KaZaA rexurde coma plataforma legal de descargas

luns, 20 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Cando dabamos á marca por morta, KaZaA volve, como tamén fixo Napster (e The Pirate Bay móvese polo mesmo camiño), e busca aproveitar o seu nome para un servizo de descargas musicais totalmente legal, que funciona mediante a subscrición, permitindo descargas ilimitadas por 19,98 dólares ao mes. A estrea do servizo contará con máis dun millón de temas musicais, aínda que non o terán difícil, pois na actualidade xa hai varias plataformas semellantes en funcionamento coma iTunes, Napster, Amazon, Rhapsody e ZunePass, e a marca de KaZaA perdeu forza nos últimos anos, aínda que haberá que agardar para ver se realmente cala entre os usuarios.
Aparte das descargas musicais, o novo servizo tamén permitirá aos usuarios compartir vídeos a través do reprodutor en alta definición (e definición estándar), así coma fotografías e outros documentos.

PUBLICIDADE