John McAfee prepara un dispositivo para comunicarse fóra do control da NSA

luns, 30 de setembro do 2013 Marcus Fernández

A figura de John McAfee non quere verse eclipsada pola polémica que xurdiu co seu comportamento en Belice que rematou coa súa detención en Guatemala, e agora volve a Silicon Valley aos seus 67 anos para lanzar unha nova compañía de seguridade informática, Future Tense Central, que promete crear unha internet máis segura para todos grazas unha tecnoloxía que “achegará un novo tipo de Internet, unha Internet descentralizada, flotante e en movemento que será imposible de hackear, imposible de penetrar e moi superior en termos de idoneidade e neutralidade”.
Ao parecer, a solución ideada polo equipo de McAfee consistiría nun accesorio chamado D-Central que comunicaríase con smartphones, tablets e portátiles para crear redes descentralizadas que permanecerían inaccesibles para as axencias gobernamentais e que pretende saír á venda por menos de 100 dólares. Esta solución non competiría coa Internet, senón que sería un xeito de crear redes privadas para comunicarse e compartir ficheiros, que podería operar en modo privado e en modo público e ante a posibilidade de que sexa prohibido polas autoridades norteamericanas, McAfee asegura que o venderá dende os países nos que sexa posible comercializalo.

PUBLICIDADE