Javier Rocamora e a Cámara de Santiago mostran o camiño da dixitalización das industriais culturais

martes, 8 de novembro do 2022 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza este xoves 10 de novembro un obradoiro en liña que nos forma en uso eficaz das redes e das novas ferramentas para facer incrementar a competitividade, a visibilidade e a rendibilidade da nosa empresa. O seminario Estratexias de marketing online e redes sociais nas industrias culturais celebrarase en horario en de 10.00 a 11.00 horas, e será impartido por Javier Rocamora, experto en nova comunicación e novos xeitos de vender, facer publicidade, ampliar mercado e emprender.
Incluirá os seguintes contidos: dixitalización da cultura (o consumidor xa é dixital), produtos culturais dixitais e físicos (integración online/offline), compoñentes principais dun plan de mercadotecnia nas redes para unha industria cultural (definición de público obxectivo, atributos de marca e de produto, elementos básicos de deseño dunha web e u so de redes sociais, estratexias de promoción e publicidade en liña) e novas fontes de ingresos no eido dixital (produtos e servizos relacionados).
A cita será como dixemos este xoves, 10 de novembro, a partir das 10:00 horas con Javier Rocamora, consultor autónomo especializado e con dilatada experiencia en mercadotecnia dixital, xestión de redes sociais e comercio electrónico desde 2008.
Esta xornada realizase en colaboración coa Cidade da Cultura de Galicia.

PUBLICIDADE