Javier Guerra transmite a plena operatividade do IGAPE para apoiar ás empresas TIC

xoves, 2 de xuño do 2011 Redacción

Javier Guerra presentando unha guía interactiva do Camiño de Santiago para iPhone

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo un encontro co presidente do Clúster TIC, Rafael Valcarce Baiget, a quen lle transmitiu a dispoñibilidade do IGAPE para seguir apoiando proxectos, tanto individuais como colectivos, para facilitar a mellora da competitividade, os investimentos ou a internacionalización das empresas galegas de novas tecnoloxías.
Este encontro forma parte das roldas de conversas iniciadas polo conselleiro de Economía e Industria cos presidentes da Confederación de empresarios de Galicia (CEG) e do Consello Galego de Cámaras, co obxectivo de transmitir ao tecido empresarial galego que a investigación xudicial na que está incurso non afecta ao normal funcionamento do IGAPE.
En todos estes encontros, Guerra Fernández salientou que o Instituto que preside e agora dirixe «está a funcionar con total normalidade» para procurar facilitar con dilixencia e eficiencia servizos e apoios aos empresarios e aos emprendedores que os soliciten, para que poidan manter a súa actividade, para apoialos na realización de novos investimentos, para facilitar a mellora da competitividade das empresas ou para procurar que podan iniciar ou ampliar a súa internacionalización.

PUBLICIDADE