Ipoki permite xerar ficheiros KML coas rutas das nosas viaxes

martes, 12 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os ficheiros KML poden rexistrar as fotografías tomadas durante as nosas viaxes

A empresa coruñesa Ipoki vén de estrear unha nova aplicación na súa web, o Ipoki Life Stream, que permite descargar un arquivo KML coa ruta que fai un usuario conectado a Ipoki incluíndo a información producida ou recibida durante o traxecto rexistrado. Deste xeito, cando un usuario deste servizo de xeolocalización vaia de viaxe, pode activar o rexistro de rutas de xeito que se xenera un ficheiro KML que se pode consultar logo dende Google Earth ou Google Maps, podendo combinarse a ruta con fotografías xeolocalizadas tomadas durante a viaxe, o que pode servir para construír un bo xeito de rememorar as vacacións ou, simplemente, para ilustrar rutas turísticas.

PUBLICIDADE