Ipoki fai doado xeolocalizar fotografías en Flickr

luns, 1 de setembro do 2008 Marcus Fernández

A xeolocalización das nosas fotografías en Flickr é unha posibilidade moi atractiva, e que nun principio poden empregar sen problema os usuarios de cámaras (ou móbiles con cámara) con receptor GPS, pero para achegar esta opción aos usuarios que conten cunha cámara por unha banda e un GPS por outra dende o servizo galego Ipoki veñen de engadir a posibilidade de ligar as posicións xeográficas dunha ruta coas fotografías que tomamos durante a mesma cruzando as informacións de data e hora.
Dende o blog de Ipoli explican detalladamente cómo facer este proceso tan útil para rememorar as nosas vacacións ou as rutas por lugares de interese.

PUBLICIDADE