Instagram potencia o seu mapa de busca

venres, 22 de xullo do 2022 Marcus Fernández

Esta semana Mark Zuckerberg anunciou que estaban a introducir un novo xeito de atopar contido en Instagram consistente nun mapa dinámico no que podes localizar os establecementos que hai no noso contorno (ou do punto do mapa que queiramos).
Realmente a busca por localizacións xa estaba presente en Instagram dende ai moito tempo, pero o mapa só aparecía unha vez que partiamos dun resultado de busca, mentres que agora o mapa está accesible directamente dende un botón na pestana de explorar da aplicación, facendo a función moito máis visible.
En canto abrimos o novo mapa podemos ver os locais populares que hai ao noso redor, permitindo logo filtrar por categorías como restaurantes, cafeterías, lugares turísticos, hoteis, parques e xardíns e bares. Unha vez que prememos nunha localización podemos consultar as publicacións destacadas e as recentes realizadas alí, así como as historias que estean activas na zona. As localizacións tamén poden compartirse e gardarse en marcadores.

PUBLICIDADE