Instagram e Threads deixarán de recomendar contidos políticos

venres, 9 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

Nos Estados Unidos están a achegarse as eleccións presidenciais, e algunhas plataformas sociais prefiren actuar con certa responsabilidade para evitar caer nos mesmos erros que no pasado. Temos así que Instagram e Threads anuncian hoxe que non recomendarán proactivamente contidos políticos, ou sexa, que os usuarios non verán contidos políticos de contas que non sigan activamente, deixando nas mans do usuario a exposición que queira ter ás mensaxes políticas.
Esta nova política aplícase aos espazos nos que o algoritmo de Instagram e Threads é o que amosar publicacións, Reels ou suxire contas, pero non afecta aos contidos das contas que os usuarios decidan seguir.
Deste xeito haberá usuarios que verán o seu alcance moi reducido, xa que cando publiquen contidos sobre leis, eleccións ou temas sociais limitarase a súa difusión aos seus seareiros, e non aparecerán recomendados para o resto de usuarios.
Se un usuario prefire ter unha maior exposición aos contidos relativos á política, pode personalizar a configuración de Instagram e Threads para non limitar este tipo de publicacións e historias.
Dende Meta teñen previsto ampliar esta nova política a Facebook no futuro.

PUBLICIDADE