Inforhouse, adxudicataria do mantemento de licenzas IBM da RTVE para os vindeiros 2 anos

xoves, 21 de decembro do 2023 S. P.

A empresa tecnolóxica galega Inforhouse foi a adxudicataria do novo concurso de mantemento de licenzas IBM para os anos 2024 e 2025 da Corporación Radio Televisión Española. O orzamento deste contrato vén cun importe superior aos 1.600.000 euros.
A empresa Inforhouse consolida, con este contrato, a súa posición de socia referente de solucións software IBM a nivel nacional, onde ademais de RTVE, conta con referencias en contratos do Goberno de Asturias, Comunidade e Ayuntamiento de Madrid e en Galicia, no marco da Administración autonómica, na AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e no Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

PUBLICIDADE