Inaugúrase a tenda de aplicacións de BlackBerry

xoves, 2 de abril do 2009 Marcus Fernández

Research In Motion (RIM) abriu esta semana para EE.UU., Canadá e Reino Unido unha tenda de aplicacións para os seus terminais BlackBerry (descoñécese a data de lanzamento para España), emulando así á popular App Store de Apple. Agárdase que na súa primeira semana de funcionamento a BlackBerry App World chegue ao milleiro de aplicacións no seu catálogo, no que aparecerán xogos, aplicacións para acceder a servizos web (coma Facebook ou MySpace), programas para a recepción de contidos informativos ou ferramentas varias.
A creación de tendas de descargas de aplicacións para móbiles estase a converter nunha tendencia en alza, tanto Microsoft coma Nokia ou Google tamén están a emular os pasos dados por Apple nun mercado que de demostrada rendibilidade.

PUBLICIDADE