Importante actualización dos contidos de Google Street View

xoves, 11 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Agora podemos pasear polo Parque Nacional de Taroko en Taiwán a través de Street View

A tecnoloxía de Google Street View é un dos principais pratos fortes de Google Maps, como quedou claro unha vez que Apple prescindiu dos mapas de Google nos seus móbiles como aplicación instalada de xeito predeterminado, pero non estamos ante un servizo estático, senón que para que esta ferramenta resulte de utilidade ten que estar viva, de xeito que hoxe anunciaron dende Google que viña de experimentar a súa meirande actualización da historia, dobrando o número de coleccións especiais e actualizando máis de 400.000 quilómetros de camiños de todo o mundo, ampliando a cobertura en Macao, Singapur, Suecia, EE.UU., Tailandia, Taiwán, Italia, Gran Bretaña, Dinamarca, Noruega e Canadá, e incorporando novas coleccións especiais en Sudáfrica, Xapón, Francia, Brasil, México e España.
Entre os lugares destacados que podemos visitar agora dende Street View están o Estadio Azul de México, o Estadio de Pacaembu en São Paulo e incluso o Castelo de Kronborg en Dinamarca.

PUBLICIDADE