Imatia participa no desenvolvemento dun gran aeroxerador mariño

martes, 30 de novembro do 2010 Raquel Noya

Imatia, a empresa socia de INEO dedicada sobre todo ao desenvolvemento de proxectos de e-business e á consultoría TIC, vén de participar no desenvolvemento dun aeroxerador mariño de gran tamaño, no marco do proxecto Azimut, no que colabora con outras once compañías e 22 centros de investigación.
O obxectivo deste proxecto é xerar o coñecemento necesario para crear unha turbina offshore de até 15 MW, con tecnoloxía 100 por cento española.
O proxecto Azimut, que foi aprobado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), requerirá dun investimento de 25 millóns de euros nos vindeiros catro anos, e será cofinanciado por diversas firmas implicadas entre as que destacan Imatia, Iberdrola, Alstom Wind ou Acciona Windpower.
Os obxectivos son, segundo achegan dende a web de INEO, “conseguir unha potencia unitaria de 15 MW, así como superar as barreiras técnicas e económicas que limitan na actualidade o despregamento da enerxía eólica mariña”.

PUBLICIDADE