Igalia anuncia oferta de emprego para o seu departamento de sistemas

mércores, 30 de setembro do 2009 Fernando Sarasketa

A empresa galega Igalia (na imaxe), especializada en servizos e programas de código aberto, vén de anunciar a apertura dun proceso de selección para o seu departamento de sistemas. Segundo conta a propia firma e se fai eco o Centro Mancomún, trataríase dunha praza cos seguintes requisitos mínimos (entre outros): titulación vinculada á Enxeñería de Software e Ciencias da Computación, coñecemento dos principais sistemas operativos abertos, manexo dos servizos estándar de Rede e de servidores libres, experiencia en programación en GNU/Linux, nivel ato de comunicación en inglés e capacidade para o traballo en equipo.
As persoas que concorran ao devandito posto de traballo, informa Igalia, terán a posibilidade de traballar nunha compañía fortemente involucrada dentro da comunidade de software libre, de estrutura plana, sen xerarquías e cun contorno de traballo profesional agradable.
Todos aquelas persoas interesadas deben enviar o seu currículo e expediente académico a Igalia antes do 16 de outubro de 2009. Para coñecer todos os detalles recoméndase consultar a oferta completa na súa web.

PUBLICIDADE