Igaciencia entregou os galardóns do X Concurso Galego de Robótica

venres, 29 de novembro do 2019 Redacción

Este venres 29 de novembro celebrouse a entrega de premios do X Concurso Galego de Robótica realizado pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) coa colaboración do Servizo Municipal de Educación da Coruña. O acto de entrega de galardóns estivo presidido polo concelleiro de educación da Coruña, Jesús Celemín Santos, a directora do IES Menéndez Pidal, Estrella Pérez Freire e o presidente da entidade Igaciencia, Manuel Díaz Regueiro. A relación dos centros e grupos distinguidos e as imaxes dos mesmos están xa dispoñíbeis para a súa consulta na web da institución científica.
Igaciencia lembrou no transcurso do acto que no X Obradoiro Concurso de Robótica participaron 33 centros educativos, 1153 alumnos e 66 profesores e profesoras. Respecto dos grupos e centros premiados, son os que citamos a continuación:
· Primaria-1º de ESO: CPI Atios de Valdoviño, IES Castro da Uz de As Pontes.
· 2º-3º-4º da ESO.- IES Nº1 de Ribeira, IES de Breamo.
· Bacharelato-FP.- Escolas Proval de Nigrán, IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
Amais do devandito, o CPI Atios de Valdoviño recibiu unha mención especial.

PUBLICIDADE