Ibis Reader, un novo lector de e-books baseado na web
xoves, 4 de marzo do 2010
A lectura de libros en
formato electrónico está en auxe, e a compañÃa Threepress lévaa un paso adiante
co seu lector Ibis Reader, que
sorprende por ser unha aplicación web compatible co iPhone, con terminais con
Android e incluso co PC, de xeito que non precisa de instalación para o seu uso
e tamén evita a necesidade de sincronización entre as distintas plataformas, pois
en cada dispositivo accédese ao mesmo servizo que está
baseado en HTML5 o que permite que os textos poidan lerse incluso sen conexión
á Rede.
Este lector conta aÃnda cun número moi limitado de tÃtulos, que tamén poden
descargarse en formato EPUB, podendo tamén empregarse para ler libros que xa
mercara previamente o usuario noutros servizos.
Cómpre advertir que esta poderÃa ser unha tendencia de futuro, xa que o feito
de que o lector de e-books opere vÃa web fai que non sexa posible copiar os
contidos ao dispositivo do usuario, de xeito que poderÃa converter os textos de
produto a servizo, o que serÃa unha protección contra a piraterÃa.