ITC celebra o seu quinto Foro de Tecnoloxías e Transporte

xoves, 18 de outubro do 2007 Raquel Noya

Por quinto ano consecutivo vai ter lugar na Coruña unha nova edición do Foro de Tecnoloxía e Transporte -organizado por ITC Grupo de Empresas- para analizar cómo inflúe no sector do transporte a aplicación da tecnoloxía. Este ano, ademais de contar coa participación de varias empresas como Prosegur ou Gam-Vilatel (que compartirán cos asistentes experiencias do cambio que viviron as súas empresas dende que implantaron tecnoloxía máis novidosa), os asistentes debaterán sobre o Real Decreto 902/2007 que vén de ser aprobado e que afecta ós tempos de traballo dos profesionais que levan a cabo actividades móbiles de transporte por estrada.
Para a organización do devandito foro, ITC Grupo conta coas dúas empresas tecnolóxicas pertencentes á compañía, ITC Comunicacións e Satdata Telecom así como coa colaboración de Microsoft Ibérica.
Esta mesa de relatorios e debate terá lugar mañá venres 19 a partires das 17:50 horas no Hotel Barceló de A Coruña á que poderá asistir calquera interesado de xeito gratuíto.
Asemade, a partires das 9:00 da mañá, nas instalacións que ITC Grupo ten no Polígono de A Marisqueira en Culleredo, desenvolverase a V Convención de Distribuidores Satdata, que reunirá a máis de 30 distribuidores que Satdata Telecom ten en toda España e Portugal.

PUBLICIDADE