IGTV estrea Series

mércores, 23 de outubro do 2019 Marcus Fernández

A plataforma de vídeos de longa duración integrada en Instagram, IGTV, continúa a avanzar para competir con YouTube, e a súa última novidade é precisamente unha versión das listaxes de reprodución da plataforma de vídeo de Google, que desta volta reciben o nome de Series, e permite que os creadores de contidos poidan agrupar os vídeos de IGTV por categorías temáticas, nas que cada peza considerarase un episodio.
As Series de IGTV poden crearse no momento de subir un novo vídeo a IGTV, pero tamén é posible crear e engadir contidos a unha destas novas Series a través da opción de editar a descrición dos vídeos, de xeito que pódese organizar o contido subido con anterioridade á creación desta prestación.
Dada a natureza das Series, cando vexamos un capítulo IGTV levaranos de xeito automático ao seguinte, de xeito que o sistema reproduce en serie vídeos dun mesmo usuario, o que tamén é un comportamento que resulta do agrado de moitos creadores, que terán así máis doado o consumo dos seus contidos.

PUBLICIDADE